O Auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces acolleu unha proxección dun programa feito polo alumnado de 4º da ESO do IES Marco do Camballón, a partir do catálogo de Fiestra. Os programadores e programadoras realizaron a selección despois de traballar na aula coas curtas do catálogo e presentaron as seguintes diante do resto do alumnado:

C.O.D.A, dirixida por Veru Rodríguez.
Matria, dirixida por Álvaro Gago.
1977, dirixida por Peque Varela.
Conversa cunha muller morta, dirixida por Sonia Méndez.

A continuación das proxeccións, Javier Grixo, director de fotografía de C.O.D.A, e Camila Bossa, actriz protagonista de Conversa cunha muller morta, participaron nun coloquio co público asistente. Tamén se proxectaron vídeos de presentación dos cineastas Veru Rodríguez, Peque Varela e Álvaro Gago e de Francisca Iglesias, protagonista de Matria, dirixida por este último.