Hoxe incoporamos ao catálogo de Fiestra unha peza experimental sobre a espera de moitas mulleres por un ser querido que marchou e que non se sabe cando regresará. Unha visión intimista sobre a invisibilidade das mulleres que se refuxian no fogar e viven nun tempo incerto, condicionado pola ausencia dos homes que lle dan título á obra: os pais, os irmáns, os fillos, os cónxuxes. Seleccionada en diversos festivais Homes formou parte do catálogo de Shorts from Galicia no 2017.

HOMES_DTOUCEDO_01

Fotograma da curtametraxe

En palabras da súa directora, a pontevedresa Diana Toucedo: “moitas das mulleres que esperan hoxe no interior das súas casas, das súas cociñas ao home que marchou, ao fillo, ao pai… manteñen unha ferida aberta que nunca se pechou”.