Equipo de programación
Marcos Nine Búa
Cineasta, guionista e docente. Foi director artístico do festival internacional de cinema infantil Cinema e Crianza e programador da sección infantil da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico MICE Petís. Gañador de seis premios Mestre Mateo, as súas películas foron seleccionadas e premiadas en festivais de todo o mundo, como o Festival de Málaga, o arxentino BAFICI, a SEMINCI de Valladolid ou o SIFF de Seattle.
Jorge Rivero
Director artístico do Festival Infantil de Curtas Pequefilmes e do Aguilar Film Festival, cofundador e editor da revista online Cortosfera.es e presidente da Coordinadora del Cortometraje. Tamén foi programador de Curtocircuíto e do Festival Internacional de Cine de Gijón.
Álvaro Dosil Rosende
Membro do Grupo de Investigación Terceira Xeración, pertencente ao Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Doutorando en Educación Artística. Especializado no estudio da relevancia e o impacto da educación a través das artes e a integración de valores de educación común e específica; prestando especial atención aos eixos educación, emocións,
afectividade e educación, intelixencia e creatividade.