Tupper
FICHA TÉCNICA
Director e guión: Ángel Manzano
Produtores: Gromland Producciones (Ricardo, Fernando e Ángel Manzano)
Director de fotografía: Diego de Coo
Montaxe: Fernando Manzano
Música: Martiño Toro
Directora de vestiario: Raquel Rodríguez
Dirección artística: Diana Piñeiro e Jorge Toledo
Director de produción: Juan Lois
Axudante de produción: Carlota Badía
Operador de cámara: Diego de Coo
Axudante de dirección: Juan Silva
Script: Carlota Badía
Xefe de son: Eloy Táboas
Técnicos de son: Miguel Gil e Guillermo Teimoy
Auxiliares de produción: Daniel Gómez, Fernando Lois e Raúl Fernández
Maquillaxe: Rubén Casal e Sandra Guzmán
Barbería: Sara García e Iria García
Efectos especiais: Fernando Lois
Foto fixa: Tania Martínez
Interpretación: Javier Gutiérrez, Belén Constenla, Fran Peleteiro, Marta Torrón
SINOPSE
Unha gran empresa multinacional áchase en pleno proceso de remodelación de persoal. Os traballadores deberán pasar un a un polo despacho do seu superior para recibir a desagradable noticia. Pero existe unha posibilidade de manter o posto de traballo; agora ben… canto estarán dispostos a tragar?
SOBRE A OBRA
Ata onde chegaría alguén para manter o seu traballo? Estaría disposto a rebaixarse por non ser despedido? Preguntas así son as que forman a base de ” Tupper”: ver como o peixe grande dille ao mozo «Si, si, vou comer,… pero antes faime estes informes para mañá».
Con cada nova crise económica, desaparecen afogadas multitude de conquistas en materia laboral. Baixos salarios, contratos precarios, condicións vergoñosas,… son o día a día do traballador medio. E todo iso co beneplácito de corporacións empresariais sen rostro, que espremen ao seu persoal co simple obxectivo de conseguir maior rendibilidade. “Son un gasto refugable”, comenta nun momento dado o protagonista da historia. E cremos que sempre é importante darlle voz – aínda que sexa desde unha tribuna ficticia – a aqueles que son machucados por esa cruel trituradora chamada “economía de mercado globalizada”.
Con todo, quixemos darlle un punto de vista sarcástico, usando o humor negro como suavizante da revirada proposta que lle fai esa Xefa de Persoal ao pobre empregado. Xa se sabe que cun sorriso – aínda que sexa cínico e maldito -, todo entra.
E cando dicimos “todo”… é “todo”.
PREMIOS
- Nomeado aos Premios Mestre Mateo 2015
- Premio ao Mellor Actor (Javier Gutiérrez) no XI Festival de Cans
- Premio do Público á Mellor Curtametraxe no XI Festival de Cans
- Premio do Público no III Festival Primavera do Cine
- Premio á Mellor Curtametraxe no Festival “El Novelísimo” 2014
- Premio á Mellor Curtametraxe no Freaked-Out FIlm Festival 2014
- Premio do Público á Mellor Curtametraxe no VIII Festival Curtas na Rúa 2014
- Premio ao Mellor Guión na XVI Mostra de Curtas Vila de Noia 2015
- Premio do Público á Mellor Curtametraxe no XIV Festival CREAT RIVAS 2015
- Mención do Xurado ao Mellor Guión no V Festival Internacional de Cine Político FICiP Arxentina 2015
- Premio á Mellor Curtametraxe no I Concurso Internacional de Curtametraxes Ateneo de Sevilla 2015
BIOGRAFÍA DO DIRECTOR
Tras exercer durante máis de catorce anos a avogacía, decide quitarse a toga, learlla á cabeza e reinserirse na sociedade. Aínda que de maneira amateur creara espectáculos teatrais e monólogos, e colaborado en revistas culturais (“Standdart”, “A paz mundial”, “Fundición Príncipe de Astucias”), non é ata 2013 cando entra no mundo audiovisual. Gaña o I Premio de Guión Talaso Atlántico e un dos seus guións, O aviso, é rodado por estudantes da Escola de Audiovisuais de Vigo.
Tras rodar Tupper e Deber (2015), apártase lixeiramente da dirección para envorcarse no labor sindical e a xestión cultural: na primeira, sendo Vicepresidente de AGAG – Asociación Sindical Galega de Guionistas e FAGA – Foro de Asociacións de Guionistas. E na segunda, como Director do Festival de Cinema Infantil e Xuvenil ” INFANCINEMARÍN”, cuxa segunda edición se realizará na súa Vigo natal… se a pandemia non o impide. E sen esquecer que algún día espera rodar Bunker, a terceira parte da TERloxía Gromiana. As súas afeccións son ler, escribir, a gastronomía e criar aos seus dous fillos Lucas e Leia.