Rapa das Bestas
FICHA TÉCNICA
Dirección: Jaione Camborda Coll
Son: Juan Carlos Blancas
Produción: Esnatu Zinema
SINOPSE
A tradición e o espectáculo lévanos a ser testigos da relación corpo a corpo do home e o animal nun contexto de loita.
PALMARÉS
- L´alternativa (Barcelona) / Premio fílmico Crater Lab e Premio Guionistes Associats de Catalunya
- Curtocircuíto (Santiago de Compostela) / Mención de honor Xurado Novo
- Filmadrid (Madrid) / Mención de honor Camira
- Fidocs (Santiago de Chile) / Premio mellor filme en competencia Internacional de curtametraxes
BIOGRAFÍA DA DIRECTORA
Tras rematar os seus estudos cinematográficos na Escola de Cine de Praga (FAMU) e na Escola de Cine de Múnich (HFF), trasládase a Galiza onde funda a produtora Esnatu Zinema coa que forxa un recoñecido traballo como directora de pezas rodadas con material fílmico de corte experimental tales como Proba de Axilidade, Nimbos, Lilit ou Rapa das Bestas. Nestes proxectos Jaione decántase por un traballo en formato Super 8, dende a confianza na imaxe, na materialidade e no gran lírico. Os seus temas habituais adoitan comprender un traballo que dende o etnográfico reflexiona sobre a relación do home co animal, a violencia e o atávico. Dirixe a longametraxe Arima ademais de colaborar como guionista e directora de arte en numerosos filmes.