O xigante

Dirección: Julio Vanzeler, Luis da Matta Almeida
Ano: 2012
Duración: 11 min.

FICHA TÉCNICA

Directores: Luís da Matta & Júlio Vanzeler
Produtora Executiva: Chelo Loureiro
Guionista: Nélia Cruz
Compositor: Nani García
BSO Interpretada por: Galiza Film Orquestra
Directora de Produción: Lola Blanco
Directora de Fotografía: Lúa Testa
Diseñador Personaxes: Júlio Vanzeler
Xefe Son: Xavier Ferreiro
Estudios Animación: Sparkle Animation, Otii Planet
Estudio Son: Estudios Bruar
Estudio Grabación: Mans

 


 

SINOPSE

O Xigante é unha ventá que mostra o fantástico viaxe que é CRECER. Porque O Xigante simboliza o corazón de todos os pais, homes e mulleres que a través da súa mirada revelan o mundo aos seus fillos, axudándolles a construír o seu universo, a trazar os seus camiños, a corrixir calquera desvío no magnetismo da súa brúxula… e a deixalos marchar cando chegue o momento adecuado.

 


 

SOBRE A OBRA

O Xigante é unha road movie. Un traxecto. Unha metáfora sobre o crecemento e a preparación para a vida a través dunha narrativa visual, onírica e poética, onde pretendemos mostrar a xeografía dos afectos, o amor incondicional dos pais ante a delicada tarefa de ensinar o mundo aos seus fillos.

E é que o mundo se pode debuxar con distintas cores, con distintas liñas, coas máis diversas manifestacións artísticas. E calquera elemento será novo dentro do caderno en branco que é o universo infantil. Na nosa historia, o noso pai Xigante móstralle á súa Nena o Mundo a través da xanela do corazón. Para axudarlle a comprendelo, explícallo tamén a través de mapas e debuxos. A Nena vai debuxando o seu propio mundo, interpretándoo coas súas propias ferramentas e a súa imaxinación.

A partir do camiño legado polos Pais, os fillos trazan os seus propios camiños, con erros de interpretación, con distinta perspectiva, pero son os que eles elixen para emprender a súa viaxe.
E cando chega o momento de iniciar a súa propia viaxe, parten levando os seus propios bolsos, dispostos a construír os seus mundos baseados nos mapas que un día debuxaron, levando na mirada un Soño e a convicción de atrapalo.

 


 

PALMARÉS

  • Nomeado ao Premio Goya a Mellor Curtametraxe de Animación 2014
  • Premio Mestre Mateo 2013 a Mellor Curta de Animación
  • Finalista Mellor Animación CURTOCIRCUÍTO 2012.
  • Finalista a Mellor Curta Galicia CURTOCIRCUÍTO 2012
  • Premio Mellor Curta Animación FESTIVAL DE CANS 2012.
  • Premio Xurado Popular FESTIVAL DE BRASILIA 2012 (Brasil).
  • Premio Xurado Internacional DIVERCINE 2012 (Uruguay).
  • Finalista Mellor Curta para Nenos FESTIVAL TOFUZI 2012 (GEORGIA).
  • Premio Mellor Banda Sonora FESTIVAL AGUILAR DE CAMPOO (ESPAÑA)
  • Premio BEST CHILDREN’S ANIMATED FILM no FESTIVAL BANJALUKA (Bosnia-Herzegovina).
  • Premio Amazônia Anime l Mellor Curta de Animación FESTIVAL DE CINEMA DE PARAUAPEBAS (BRASIL).
  • Premio a Mellor Curta Animación PONTINO SHORT FILM FESTIVAL (Italia)
  • Premio a Mellor Curta Animación FESTIVAL INTERNACIONAL KOLIBRÍ (BOLIVIA)
  • Premio a Mellor Curta Animación FESTIVAL QUE BELLO ES VIVIR 2013 (MADRID)
  • Premio do Público FESTIVAL COMUNICORTOS DE PARAIBA (BRASIL)
  • Premio a Mellor Curta Galega FESTIVAL INTERNACIONAL DE CORTOS DE BUEU
  • Premio a Mellor Cine Dixital de Animación FESTIVAL IBEROAMERICANO DE CINEMA DE SERGIPE (BRASIL)
  • Premio Mellor Banda Sonora FILM FESTIVAL FILMETS. BADALONA (ESPAÑA)
  • Premio a Mellor Curta Animación FESTIVAL CINEMACORTOS, A CORUÑA
  • Premio a Mellor Música Orixinal FESTIVAL CINEMACORTOS, A CORUÑA
  • Mención Especial á Dirección de Arte FESTIVAL INTERNACIONAL OJO AL PIOJO 2014. ROSARIO (ARXENTINA)

 


 

BIOGRAFÍA DOS DIRECTORES

LUÍS DA MATA
Especializado na produción de animación, é uns dos directores e produtores con máis premios internacionais, entre os que destaca o Cartoon D´Or no ano 2000, premio para o mellor filme europeo de animación.

A súa vasta experiencia, a diversidade dos formatos (curtas, series e longas), das narrativas, dos grafismos e das técnicas e os resultados obtidos nos festivais e nos mercados internacionais garanten unha calidade óptima nos seus traballos.

JULIO VANZELER
Profesor de Ilustración e Deseño – CITEM e en CITEX. Colaboración na área de deseño de “Pã Design”. Tamén traballou coma creador de ilustracións para as revistas: “Máxima”, “Ozono”, “Notícias Magazine”, “Hei”,”PC World”, “Adolescentes”, “GQ”, “Sábado”, “Visão”, “Flash”, “Sol”, así como realizando ilustracións para marcas de Streetwear: “ICEMAN”; “COOL GEAR”, “OVERKILL”, BLACK HEART” e “COM8”.

Traballou na realización das ilustracións de numerosos libros coma ” Os meus amigos” de António Torrado, “O Segredo” de Álvaro Magalhães, “Pulgarcito”, “Óscar”, “Historias de Praia Grande”, “A cor do ceo”, ou “Bichos do Bosque” de João Paulo Seara Cardoso.

Colaboración co Teatro de Monicreques de Porto desde o ano1997, coa creación de ilustracións e deseños de monicreques, para: “Alicia no País das Marabillas”, “Máquina-Home (Clone Fighters)”, “Nada ou o Silencio de Beckett”, “Óscar”, “Macbeth”, “Paisaxe Azul con Automóbiles”, “Pulgarcito”, “O Principio do Pracer”, “Historia da Praia Grande”, “O Mundo de Alex”, “A cor do ceo”, “Os encantos de Medea”, “O lobo Diego e o mosquito Valentin”, “Os Bichos do Bosque”, “Boca de Escena”, “Wonderland”, “Make Love, Not War”.

Por último, tamén realizou ilustracións para cds interactivos: “English is Fun, with Little Bugs and Friends”, “Bibou et ses Amis”, “Matelândia” e “Castelo Musical” para o Ministerio de Educación de Portugal; “ O descubrimento da Vila das Artes” para o Concello de Vila Nova de Cerveira.


 

TRAILER

https://vimeo.com/56981151

Idades:

Todas as idades

Xénero:

Animación

Valores:

Intelectuais, Afectivos, Individuais e liberadores, Estéticos ou artísticos, Ecolóxicos e da sustentabilidade, Morais

Guías de intervención pedagóxica

Guía de intervención pedagóxica "O xigante"Descargar