Matria
FICHA TÉCNICA
Dirección e guión: Álvaro Gago
Produción: Álvaro Gago, Alberto Gago, José Gago
Produción executiva: Mireia Graell
Xefa de produción: Silvia Fuentes
Directora de Fotografía: Lucía C. Pan
Foquista: Jorge Basterretxea
1ª Axud. de Dirección: Marta Font
Script: Lucía Estévez
Dirección de Arte: Alba Aguiar
Xefa de Vestiario: Uxía Vaello
Montaxe: Álvaro Gago
Son Directo: Xavier Souto
Montaxe de Son e Foley: Miguel Barbosa
Misturas: Diego Suárez Staub
Corrección de Cor: Leticia T. Blanco
Interpretación: Francisca Iglesias Bouzón
SINOPSE
Ramona vive co seu marido, con quen apenas se comunica, e traballa nunha fábrica de conservas gobernada por unha encargada tirana. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que lle une á súa filla e a súa neta.
SOBRE A OBRA
En pouco máis de 20 minutos Matria fai un relato realista da vida de moitas mulleres galegas. Faino usando a ficción pero cun achegamento documental no que a historia que se conta é moi parecida á vida real da súa protagonista, Ramona, interpretada por Francisca Iglesias Bouzón. Esta muller na realidade era a persoa encargada de coidar o avó do director Álvaro Gago, que deste xeito quixo facer un retrato das mulleres que se encargan de traballar na industria, na casa propia, nas casas alleas e no coidado dos demais. (María Yáñez)
PALMARÉS
- Sundance Film Festival (Utah, USA, 2018) – Gran Premio do Xurado
- Festival Int. de Cine de Valladolid (Seminci, 2017) – Mellor Curtametraxe Española
- ALCINE (Festival Int. de Alcalá de Henares, 2017) – Mellor Curtametraxe e Mellor Actriz Principal
- Festival Internacional de Cine Aguilar del Campoo (2017) – Mellor Curtametraxe e Mellor Actriz
- Festival de Cine Int. de Cartagena 2017 – Mellor Director
- VIA XIV – Festival Intl. de Cine de Verin, 2017 – Mellor Director
- Festival de Cine de Medina del Campo, 2018 – Premio Xurado “Otra mirada”
- Festival de cine de l’Alfàs del Pi 2018 – Segundo Premio, Mellor Director e Premio do Público
- IndieLisboa – International Independent Film Festival 2018 – Mellor Curtametraxe de Ficción
- HollyShorts Film Festival 2018 – Mellor Curtametraxe Internacional
- Sardinia Film Festival 2018 – Mellor Curtametraxe Internacional e Medaglia do Presidente della Repubblica
- Premios Mestre Mateo 2018 – Academia Galega do Audiovisual – Mellor Curtametraxe
- 24fps International Short Film Festival 2018 – Medalla de Plata ao Ganador, Mellor Actriz a Francisca Iglesias Bouzón
BIOGRAFÍA DO DIRECTOR
(Vigo, España, 1986). Álvaro estuda comunicación e música en Galicia, teatro en Chicago e cinema na London Film School, na que se gradúa no 2013 coa curta Curricán, gañadora do premio á mellor dirección en Curtocircuíto e á mellor película no Festival de Cans. En Londres, establécese como director e montador e compaxina o seu traballo coa impartición de clases na Young Film School e a organización do Galician Film Forum. No 2017 dirixe Matria, curtametraxe nomeada aos Goya 2019 e gañadora de mais de setenta premios, entre eles o Mestre Mateo 2018 e o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance 2018. Ese mesmo ano realiza a montaxe de Trote, a primeira película de Xacio Baño, que ten a súa estrea mundial no Festival de cine de Locarno 2018 e nacional no Festival de San Sebastián 2018.
A súa última curtametraxe, 16 de decembro, estréase no Festival de Locarno 2019 e proxéctase no AFI Fest 2019 e Clermont-Ferrand 2020 entre outros. Actualmente está desenrolando o guión da súa primeira longametraxe titulado Algo parecido á felicidade.