Madres

Dirección: Mario Iglesias
Ano: 2006
Duración: 0:22:25

FICHA TÉCNICA

Dirección: Mario Iglesias


 

SINOPSE

 


 

SOBRE A OBRA

Madres é un experimento cinematográfico que mestura a técnica do documental e da ficción para narrar o que é enteiramente ficción, aproveitando os recursos e a liberdade do formato dixital. Está baseada nunha experiencia persoal cando pintaba retratos como medio de vida, e chegou ao meu estudio unha muller coa mesma solicitude que lle fai a clienta á protagonista da curtametraxe: que pintase o retrato do seu fillo de oito anos, morto había trinta, a partir dunha pequena fotografía de seu pai, morto tamén con trintaeoito. E tamén está inspirado nunha historia escoitada na miña infancia, narrada polo meu profesor de debuxo na escola. Na historia un home encarga un galo a un pintor, o pintor dille que o encargo lle custará unha cantidade exorbitada de diñeiro e que levará dous anos realizala. O home acepta as condicións e, pasado o tempo, regresa para recoller a obra. O pintor fai que se sente diante do cabalete, e a continuación, executa diante del, en dez minutos, a máis marabillosa pintura que os seus ollos poderían ver xamais dun galo. Ao home fáltalle o alento diante dunha obra tan fermosa e expresiva, pero pensa que foi estafado, porque o acordo era polos dous anos que supostamente lle ía levar o traballo, que foi executado en dez minutos, polo que se nega a pagar o diñeiro acordado. O pintor faino pasar a unha nave contigua que fai que o cliente se marabille aínda máis. A nave está chea de debuxos, bosquexos e cadros rematados de galos, en diversos estados de perfección, uns torpes e vacilantes, outros máis seguros, e outros de fermosísima execución. Durante aqueles dous anos, o home adicou toda a súa atención a pintar á perfección un galo, para poder executar diante dese home a máis perfecta representación dese animal que se puidera facer. O hombre pagou o acordado e marchou feliz co seu cadro. A rodaxe durou dúas semanas, nas que convivimos as protagonistas Isabel Rey e Paula Cortizo eu e a miñafamilia, para ir acumulado o material co que despois se montaría a película.

 


 

PALMARÉS

  • Premio al Mejor Corto Europeo no Festival Delle Culture Giovani (Salerno – Italia) (2007)
  • Primer premio en el 7º Concurso de cortometraje SGAE / Versión Española (2006)
  • Premio del Público no Festival de Málaga (2006)
  • 1º Premio al Mejor Corto en Vídeo no Festival de Cine de Almería (2006)
  • Faro de Plata Mejor corto y Mejor Director Festival de Alfás del Pi (2006).
  • Premio del Público en ABYCINE (2006)
  • 1º Premio en el Festival de Cine Solidario de Guadalajara – FESCIGU (2006)
  • Premio ex aque Actriz e Premo do Xurado no Festival de Cans (2006)
  • 2º Premio e Premio Especial en Bertiz-País de Bidasoa (2006)
  • 1º Premio no Concurso de cortometrajes de Viladecans (2006)
  • 1º Premio Asociación Vivir de Cine de Buñol (2006)
  • Primer Premio e Premio do Público en Baitu en corto (2006)
  • Premio do Público no festival Secuencia Cero (2006)
  • Premio do Público no IX Certamen Nacional de Cortometrajes Ciudad de Astorga. (2006)
  • 2º Premio do Xurado IIX Certamen Nacional de Cortometrajes Ciudad de Astorga. (2006)
  • 2º Premio en Festival Sueños en Corto (2006)
  • 1º Premio Festival ON&OFF Ribadeo (2006)
  • Premio do Público en Redondela en Curto (2006)
  • 1º Premio e Premio á mellor actriz no Festival de Girona (2006)
  • Premio á mellor actriz no Filmest Badalona (2006).
  • 2º Premio no Festival de cine de Ponferrada “Mi retina me engaña” (2006)
  • Premio á mellor actriz da Asociación Cultural Aborígen “Octubre Corto” (2006)

 


 

BIOGRAFÍA DO DIRECTOR

Nado de Pontevedra en 1962, estudou Belas Artes na facultade da mesma cidade na especialidade de escultura, pero interesouse por diversos campos, en especial a pintura e o cinema, e nas instalacións escultóricas, o teatro e a docencia. No eido do cinema, comenzou con curtametraxes, mesturando animación con imaxe real, como en Corten, logo longametraxes, con cinco producidas, e tamén novos formatos en plataformas dixitais como a recente serie para internet El origen del problema.

Idades:

11-14, 15-18

Xénero:

Ficción

Valores:

Intelectuais, Afectivos, Volitivos, Operativos, Proxectivos, Creativos ou innovadores, Estéticos ou artísticos, Morais