Homes
FICHA TÉCNICA
Dirección, guión, produción e montaxe: Diana Toucedo
Dirección de fotografía e cámara: Iván Castiñeiras
Deseño de son e mixturas: Oriol Gallart
Colorista: Lara Vilanova
Axudante produción: Juan Carrano
SINOPSE
Os actos dos homes en vida configuran a nosa Historia. Pero… en que momento da nosa vida perde un a súa propia?.
Moitas das mulleres que esperan hoxe no interior das súas casas, das súas cociñas ao home que marchou, ao fillo, ao pai…
manteñen unha ferida aberta que nunca se pechou. Suspendidas do tempo, latexan incansables na espera. A morte ou elas.
PREMIOS
- Primavera do cine. Vigo, 2016. Sección oficial
- (S8) Mostra de Cinema Periférico, A Coruña. 2016. Sinais en curto
- Zinebi, Bilbao. 2016
- Alcances, Cádiz. 2017
- Pertence ao catálogo de 2017 de Shorts From Galicia da Agadic
BIOGRAFÍA DA DIRECTORA
Diana Toucedo, cineasta e montadora galega residente en Barcelona, estudou na ESCAC e na UPF.
Ten editadas máis de vinte longametraxes, curtametraxes e outras pezas audiovisuais, entre as que destacan a curtametraxe Los desheredados de Laura Ferrés gañadora dos premios Goya e Gaudí en 2018 e mellor curta na La Semaine de la Critique de Cannes 2017; as longametraxes La noche que no acaba de Isaki Lacuesta, Júlia Ist de Elena Martín e a serie de ficción Hierro dirixida por Jorge Coira para Movistar e Arte Francia, e con produción de Portocabo; así como a gañadora do festival internacional IDFA 2019 A media voz, de Matriuska Producciones.
Tras a realización de varias curtametraxes como directora estrea a súa primeira longametraxe Trinta Lumes na Berlinale de 2018, cun amplo percorrido por festivais internacionais e sendo galardoada con numerosos premios. Actualmente produce a súa segunda longametraxe,Porto Desexado rodada entre Arxentina e Galicia, e traballa no desenvolvemento da ficción La cinquième corde.
Compaxina a súa profesión coa docencia na UPF, ELISAVA e na ESCAC, onde actualmente desempeña a xefatura do departamento de Documental/Non-ficción.