Flores para Amalia

Dirección: Nani Matos
Ano: 2013
Duración: 0:19:00

FICHA TÉCNICA

Guión e dirección: Nani Matos.
Axudante de dirección: Jorge Fernández Pérez
Dirección de Produción: Ana Diz
Música orixinal: Nico Casal
Director de fotografía e operador de Cámara: Jose L. Caamaño Castro
Son directo: Dani López
Microfonista: Zeus Díaz
Dirección artística: Paula Salgueiro
Maquillaxe e perruquería: Ana Coya
Vestiario: Josefa Afonso, Marisa Otero, M. Luisa Paseiro
Foto fixa: Juan Adrio
Edición: Jorge Fernández Pérez
Etalonaxe: Jairo Iglesias
Making of: Miguel López
Deseño gráfico: Borja Doel
Reparto: Gonzalo Uriarte, Mela Casal, Xan Cejudo, Susana Dans, Teté García, Santi Cortegoso, Machi Salgado, Luis Iglesia B., Xose M. Esperante, Avelino González


 

SINOPSE

Amalia e Alfonso pasan os últimos anos da súa vida nunha residencia de maiores. A Enfermidade de Amalia fará que Alfonso tome unha decisión. 


 

PREMIOS

  • Premio do Público. Festival de Curtametraxes de Cans. maio 2013. Pontevedra.
  • Premio do Xurado dos Veciños. Festival de Curtametraxes de Cans. maio 2013. Pontevedra .
  • Premio do Público. Festival Internacional de Cine Social de Castilla La Mancha. Outubro 2013. Toledo 
  • Premio á Mellor Interpretación Masculina. Festival Internacional de Cine Social de Castilla La Mancha. Outubro 2013. Toledo
  • Premio do Público Festival Por Amor al Arte. Febreiro 2014. A Coruña.
  • Nominado Mestre Mateo. Nominado á Mellor Curtametraxe de Ficción. 2014
  • Mención Especial do Xurado . Taranto in Short. Italia. Setembro 2014
  • Premio do Público. Festival de Curtametraxes Armadiña. Novembro 2015. Poio

 

BIOGRAFÍA DO DIRECTOR

Actor, guionista e director. No 2009 realiza a curtametraxe Dies dei, sendo esta seleccionada en máis de 20 festivais nacionais e internacionais e premiada en festivais como o Festival Internacional de Torrelavega, o Festival de Cine Social de Castilla-La Mancha, ou o Festival de Cinema Solidari de Navarcles (Barcelona).

Despois viría Flores para Amalia (2013) coa que acadou, entre outros, catro importantes premios do público, un deles no Festival de Cans e outro no Festival de Cine Social de Castilla-La Mancha, ademais do Premio á Mellor interpretación masculina, converténdose na única curtametraxe galega galardoada nese festival. Obtivo ademais unha Mención Especial do Xurado no Taranto Short Film Festival en Italia.

Lurna (2016), a súa última curtametraxe é, sen dúbida, o seu traballo máis internacional e máis galardoado. Percorreu 27 países, foi seleccionada en máis de 130 festivais nacionais e internacionais e acadou 30 premios e tres Mencións Especiais. Entre eles, o Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe e Premio do Público no Festival SOS Racismo de Madrid. En setembro de 2017 a Asociación Cultural NO_NAME (Taormina, Sicilia) concédelle a Nani Matos o premio Cinemigrare 2017 pola súa aportación en dar visibilidade á inmigración a través da curtametraxe Lurna. No Festival Internacional Corto Dorico en Ancona (Italia), foi a única cinta española que participaba polo Premio Amnistía Internacional Italia, chegando á final xunto a 6 curtametraxes máis.

Actualmente, atópase na fase de preprodución da súa seguinte curtametraxe.

Galería

Idades:

Todas as idades

Xénero:

Ficción

Valores:

Intelectuais, Afectivos, Volitivos, Proxectivos, Individuais e liberadores, Estéticos ou artísticos, Morais