Einstein-Rosen

Dirección: Olga Osorio
Ano: 2016
Duración: 9 min.

FICHA TÉCNICA

Guion e dirección: Olga Osorio.
Elenco: Teo Galiñanes, Óscar Galiñanes, Xúlio Abonjo e Ricardo de Barreiro
Dirección de Arte: Beatriz Gayoso Prieto
Dirección de foto: Suso Bello (A.E.C.).
Música: Sergio Moure de Oteyza
Producido por Juan Galiñanes y Olga Osorio (Miss Movies)

 


 

SINOPSE

Verano do 82. Teo asegura que atopou un burato de verme. O seu irmán Óscar non o cre… Polo menos de momento.

 


 

SOBRE A OBRA

Einstein- Rosen é unha comedia de ciencia ficción de pouco máis de nove minutos de duración que combina a ciencia ficción, o espírito lúdico da infancia e a capacidade de facer convivir o real e o asombroso sen solución de continuidade, capacidade que cun pouco de sorte non perdemos de todo de adultos, como lles ocorre aos dous protagonistas. O título fai referencia a outro dos moitos nomes dos buracos de verme, ao tempo que permite establecer un paralelismo entre os dous científicos e os pequenos protagonistas.

Trátase dunha produción de realización sinxela con catro actores, nunha localización, un par de planos con efectos especiais e unha proposta que descansa sobre todo no traballo actoral e na frescura dos diálogos. A curta está rodada na Coruña, nun barrio proletario do extrarradio que obtivo un premio nacional de arquitectura a finais dos anos 60.

Este é o segundo traballo da autora, que tamén foi directora da curta ReStart. Einstein-Rosen nace precisamente das conversacións dos fillos da directora, protagonistas da curta, acerca das paradoxas dos viaxes temporais planteados en reStart. A autora recolleu o espírito destas conversas e os caracteres dos seus fillos para dar forma a esta ficción que no fondo fala sobre as relacións entre irmáns e na forma permitirá a moitos realizar a súa particular viaxe no tempo en forma de nostalxia.

 


 

PALMARÉS

  • Best Short, Capital Filmmakers Festival – Lisbon, february 2019
  • Best Original Story, Capital Filmmakers Festival – Lisbon, february 2019
  • Best Promising Actors, Oscar & Teo Galiñanes, Capital Filmmakers Festival – Lisbon, february 2019
  • Premio Especial Yelmo, Madrid SciFi Film Festival, Heroes Comic Con, Madrid, 22 de septiembre 2018, España
  • Audience Award, Festival Phare, Arles, France, 2-4 agosto 2018
  • Third Place in Live Action category, (USA), 27 May 2018
  • Audience Award, Arc Film Festival, Germany, 25-28 abril 2018
  • Mención de Honor Ficción Internacional, Festival de Cine Independiente de Sogamoso FECISO, 28 abril 2018
  • Best Science Fiction Short Honorable Mention, Miami International SciFi Film Festival, USA – 12 Jan 2018
  • Audience award – SuperGeek Film Festival, Florida, USA – 12 enero 2018
  • Prix du court-métrage en compétition par le Jury Jeune, Jeunes Bobines, Festival du Film pour Enfants, France – 28 diciembre 2017 – 3 enero 2018
  • Second prize – Professional Short – Raw Science Film Festival, California, USA, 6 January 2018
  • Best Short Script – Other Worlds, Austin, USA – 7-10 December 2017
  • Best Short Film – Audience Award – Other Worlds, Austin, USA – 7-10 December 2017
  • Prix des Écoles – Festival Européen du Film Court de Brest, France – 7-12. November 2017
  • Áncora de Ouro – Best Short Film, Curtas Armadiña, Poio, Spain, 1 a 19 noviembre 2017
  • Energee3 Award per il miglior contenuto scientifico-filosofico, Reggio Film Festival, Italy, 3-12 noviembre 2017
  • Best Short Film for Children, KINOdiseea International Children Film Festival, Romania, 10-20 noviembre 2017
  • Audience Award Top Short, SF’s Another Hole in the Head Film Festival, San Francisco, USA, 25 octubre-8 noviembre 2017
  • 2 premio. Mazarrón Fílmica, Spain, 12/11/2017
  • Competition Internationale de Courts Métrages, Prix du Public, Utopiales, Festival International de Science Fiction, Nantes, France, 1-6 Novembre 2017
  • Mellor curtametraxe, Rincofest, III Festival de Cortos de Terror, SciFi y Fantástico de la Rinconada, Sevilla, Spain, 28/10/2017
  • Mellor actor ex equo Teo Galiñanes y Óscar Galiñanes, Rincofest, Sevilla, Spain, 28/10/2017
  • Mellor guion, Rincofest, Sevilla, Spain, 28/10/2017
  • Best Short Film, 17th ToHorror Film Festival, Torino, Italy, 22/10/2017
  • Mellor guion, Sanfernancine, Certamen de curtametraxes de San Fernando de Henares, spain, 6 october 2017
  • Golden Blaster – Best Short Film (Juy Award)- 2017 Golden Blasters, National Irish Science Fiction Convention, Ireland, 8th October 2017
  • Silver Blaster – Audience Award- 2017 Golden Blasters, National Irish Science Fiction Convention, Ireland, 8th October 2017
  • Mellor curta Galego, 39 Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, Spain, 18 a 23 septiembre 2017
  • Best Short Film, Escape Velocity Film Festival 2017, Museum of Science Fiction, Washington DC, USA, septiembre 2017

Podes consultar o palmarés completo aquí.

 


 

BIOGRAFÍA DA DIRECTORA

Directora, guionista e profesora de dirección e montaxe na Escola de Imaxe e Son da Coruña e da facultade de Ciencias da Comunicación da mesma cidade. As súas curtametraxes foron seleccionadas e premiadas en varios festivais de primeira liña como Sitges, Palm Springs, Seattle IFFF, Leeds, New York Children IFFF, etc. Na actualidade está a desenvolver coa produtora Vaca Films unha longametraxe xurdida da súa curta Einstein-Rosen.

 


 

TRAILER

https://vimeo.com/181497382/17da00dd

Idades:

Todas as idades

Xénero:

Ciencia ficción

Valores:

Intelectuais, Volitivos, Operativos, Estéticos ou artísticos

Guías de intervención pedagóxica

Guía de intervención pedagóxica "Einstein-Rosen"Descargar