Ei, guapa!

Dirección: Sonia Méndez
Ano: 2016
Duración: 0:06:37

FICHA TÉCNICA

Dirección, guión e montaxe: Sonia Méndez.
Produción: Nati Juncal
Cámara e fotografía: Lucía Catoira
Son: Alberto Blanco
Grafismo: Isabel Vila
Traducións: Miriam Rodríguez
Reparto: Sonia Méndez, Alberto Rolán


 

SINOPSE

Unha reflexión sobre a invasión do espazo íntimo dunha muller –que somos todas-. Una reflexión sobre a violencia implícita na apropiación dun espazo que non che pertence e como esta invasión se converte nun acto –que debería ser- delictivo.

 


 

PALMARÉS

  • S8 (Galicia)
  • Zinebi (España)
  • Chiavi Festival (Taiwan)
  • Curtocircuíto (España)
  • Censurados Film Fest (Perú)
  • Certamen Cine Lento (España)
  • Todos Somos Otros (México)
  • Ferfilm Festival (Kosovo).

 


 

BIOGRAFÍA DA DIRECTORA

Sonia Méndez ten unha longa traxectoria en diferentes ámbitos: actuación, dirección, guión e produción audiovisual.

Traballou como actriz en series e filmes como Serramoura, Os Atlánticos ou Terras de Miranda para a CRTVG, Cuéntame para TVE ou El Vecino para NETFLIX e en filmes como El Sexo de los Ángeles de Xavier Villaverde, Rafael de Xavier Bermúdez ou Por mi y por todos mis compañeros de Judas Diz.

Dirixe, guioniza e produce as curtas Perversa Lola, Leo y Mario (se dejan), afé Bar Santos Perruquería, Ei, Guapa! para a longametraxe colectiva Visions, As Damas Negras e Conversa cunha Muller Morta, estas dúas últimas premiadas co Meste Mateo á Mellor Curtametraxe en 2011 e 2012, entre outros premios e distincións.

Crea, coguioniza e intepreta a serie web Angélica y Roberta, Mestre Mateo a Mellor Webserie en 2012. En 2019 dirixe o coguioniza a Gala dos Premios da Academia do Audiovisual de Galicia e as pezas promocionais Viaxeiros do Futuro.

Dende 2014 dirixe o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, primeiro festival estatal deste tipo. En 2018 funda a produtora audiovisual Cósmica Producións xunto a Nati Juncal Portas. Xa con Cósmica dirixe e coguioniza a serie Antes de Perder para Playz-RTVE que tamén foi premiada co Mester Mateo á mellor serie web en 2020, e o documental A Poeta Analfabeta sobre a poeta e activista galega Luz Fandiño. Na actualidade está desenvolvendo a longa de ficción As Neves, seleccionada para desenvolvemento no Torino Film Lab Next e Sources 2; e o documental A Muller Borrada, seleccionado no EuroDoc 2020.

É membro da Asociación de Directores e Directoras de Galicia (CREA), do Sindicato Galego de Guionistas (AGAG) e membro da directiva da Academia Galega do Audiovisual.

Idades:

Todas as idades, 7-10, 11-14, 15-18

Xénero:

Ficción

Valores:

Intelectuais, Afectivos, Volitivos, Individuais e liberadores, Estéticos ou artísticos, Morais