Cousas do Kulechov

Dirección: Susana Rey
Ano: 2007
Duración: 21 min.

FICHA TÉCNICA

Guion e dirección: Susana Rey
Producción artística e executiva:
Susana Rey
Dirección de fotografía:
Xurxo Estévez e Susana Rey
Narrador en galego:
Anxo Quintela
Narrador en inglés:
Graham Standing
Montaxe de imaxe:
Susana Rey
Montaxe de son:
Oto Servicios de Audio
Diseño de son:
Susana Rey
Deseño de cabeceira:
Manuel Lareo
Auxiliar de montaxe:
Carlos Fernández
Auxiliar de producción:
Xurxo Estévez
Cámara aérea:
Tatiana Medal e Susana Rey
Tradución:
Ana Watson
Asesor lingüístico:
Eduardo Sanches
Coa colaboración do Arquivo de Imaxe da Televisión de Galicia (TVG).

 


 

SINOPSE

Cousas do kulechov é unha curtametraxe experimental na que, baixo a inspiradora luz de L. V. Kulechov, tentamos por a proba a elasticidade da MONTAXE para chegar a unha reflexión en torno a fraxilidade e a veracidade do que vemos e escoitamos.

 


 

TEXTO SOBRE A OBRA

Xa en 2007, a autora falábanos das montaxes e mentiras dos grupos de poder. Trece anos despois, os bulos e as “fake news” son xa unha práctica desinformativa constante no día a día. Nesta peza, galardonada con sete premios nacionais e internacionais, e un longo percorrido por festivais e foros, Susana Rey móstranos cómo a montaxe cinematográfica nos revela a trampa da mais cruel e inxustificada das montaxes: A GUERRA.

Nun percorrido pola paisaxe, os costumes, e a actualidade galega, presentamos un suposto conflito bélico onde un exército invasor ataca as costas galegas. Así, construimos un “falso documental” no que a flota de guerra son as bateas ordenadas sobre a ría, o asalto ás praias son as mariscadoras entrando no mar, as bombas: os petardos e foguetes das festas, etc.

 


 

PALMARÉS

  • “Premio Mestre Mateo. Mellor obra experimental ou interactiva”, Academia Galega do Audiovisual, Compostela, 2008.
  • “Premio mellor curta experimental”, Riviera Maya Underground Film Festival (RMUF), México, 2008.
  • “Mellor curta galega”, Curtocircuito, Santiago de Compostela, 2007.
  • “Mención de honor”, XXXIV Jornada Internacional de Cinema da Bahía, Brasil, 2007.
  • Segundo premio á mellor curta documental, Festival Internacional Curt Doc, Vidreres, Girona, 2008.
  • “Premio do público” ON & OF, Festival creativo de cortos, Ribadeo, Lugo, 2007.
  • “Premio Galicia”, Mellor Curtametraxe Galega en Lingua Galega”, XXXV Certame Audiovisual Internacional Liceo Casino, Vilagarcía, Pontevedra, 2007.

 


 

BIOGRAFÍA DA DIRECTORA

Susana Rey defínese coma transformadora. Doutorouse en Belas Artes e é guionista e realizadora audiovisual con sete premios nacionais e internacionais (Brasil, Sendai- Miyagi Xapón, Catalunya, México, Galicia, etc.).

Seus traballos fílmicos víronse en múltiples festivais de cine en diversos países (Alemania, Bélxica, Turquía, Portugal, Arxentina,etc.), e nos Institutos Cervantes de Berlín e Lisboa, en The Graduate Center of the University of New York, en diversas “Fnac”, emitíronse en varias TVs e foron salientados en prensa especializada: Cahiers du Cinema, Variety…

Traballou no equipo de arte de diversas longametraxes (Los lunes al sol, de Fernando León de Aranoa; A los que aman, de Isabel Coixet; Cuando vuelvas a mi lado, de Gracia Querejeta, etc.). Foi seleccionada para realizar varios proxectos de escultura en espazos públicos (Plan Leader da Comunidade Europea) e subvencionada pola EICTV de Cuba e pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para realizar estudos na Escola de Cine de La Habana.

Ten varias publicacións de investigación no campo da arte, colabora en prensa e é autora e ilustradora do libro-disco Martiño e o mar e compositora dos seus sete temas musicais. Impartiu clases de Arte e Tecnoloxía no Instituto Español de Lisboa (IEL), en Portugal, e na Escola Superior de Deseño de Orihuela e desenvolveu talleres, ponencias e “Máster Class” en distintas universidades e foros, como a Universidade de Nova York, Universidad Politécnica de Valencia, Universidad de Santiago, Universidad de Vigo, Centro Galego de Artes da Imaxe, Fundación Carlos Casares, Escola Gavina de Valencia, Centre Octubre, etc.

Na actualidade, realiza a súa actividade creativa entre Galicia e València.

Galería

Idades:

11-14, 15-18

Xénero:

Experimental

Valores:

Intelectuais, Individuais e liberadores, Estéticos ou artísticos

Guías de intervención pedagóxica

Guía de intervención pedagóxica "Cousas do Kulechov"Descargar