C.O.D.A.
FICHA TÉCNICA
Dirección e guión: Veru Rodríguez.
Produción: Idendeaf.
Xefa de produción: Patricia Fernández.
Protagonista: Paula García.
Actores e actrices secundarios/as: Marcos Pais, Noa Fuentes, Lucas Sampedro, Alberto Santíso, Edu Bermúdez, Ana Puente y Victor García.
Dirección de fotografía: Tacho Jimenez y Javier Grixo.
Op. Cámara: Tacho Jimenez.
Montaxe e posprodución de cor: Veru Rodríguez.
Son: Alberto Blanco y Bruno Area.
Foto-fixa: Andrés Sampedro.
Community Manager: Paula Bello.
SINOPSE
C.O.D.A conta a historia de Paula, unha filla de pais xordos que vive no medio da intersección de dous camiños que separan dous mundos: o mundo dos xordos e o mundo dos oíntes. Paula ten que mediar e interpretar entre a súa profesora, a cal quere regañar polo seu mal comportamento e o seu pai, ao que non está disposta a contarlle a verdade. Unha historia moi humana e inspirada nun feito real.
SOBRE A OBRA
C.O.D.A é unha curtametraxe que amosa moitas realidades coma o bullying, o dereito á comunicación entre persoas xordad e oíntes e a realidade dos/as denominados/as “C.O.D.A”: (Children of deaf adult/Hijos/as de padres sordos). No filme pódese apreciar un exemplo de situación cotiá que pode vivir unha C.O.D.A chamada Paula, que vive entre dous mundos, dúas linguas e dúas culturas que aínda que comparten cousas son diferentes.
PALMARÉS
- Best Disability Theme Short Film (Mellor curtametraxe de temática de discapacidade)”SFAAF” (Festival de la Academia de Arte y Cine del Sur, Chile).
- Best Screenplay In A Short Film (Mellor guión de curtametraxe) Veru Rodríguez. “SFAAF” (Festival de la Academia de Arte y Cine del Sur, Chile).
- Best Young Actress In A Short Film (Mellor Actriz Nova de curtametraxe) Paula García. “SFAAF” (Festival de la Academia de Arte y Cine del Sur, Chile).
- Third Audience Award (Terceiro premio do público)
- C.O.D.A., By Veru Rodríguez Rodríguez. “SFAAF” (Festival de la Academia de Arte y Cine del Sur, Chile).
- Mellor Montaxe. IX Festival Internacional de Cine en Lengua de Signos de Tolosa.
- Mellor Dirección. II FILMSIGN (Festival Internacional de Cine en Lengua de Signos de Mallorca).
- Mellor Curtametraxe. II FILMSIGN (Festival Internacional de Cine en Lengua de Signos de Mallorca).
- Mellor Montaxe. II FILMSIGN (Festival Internacional de Cine en Lengua de Signos de Mallorca).
- Mellor Actriz. II FILMSIGN (Festival Internacional de Cine en Lengua de Signos de Mallorca).
- Mellor “Voto do Público”. II FILMSIGN (Festival Internacional de Cine en Lengua de Signos de Mallorca).
- Mellor Guión. “III Festival de curtametraxes en Lengua de Signos de ALMUSOSSORD”
BIOGRAFÍA DO DIRECTOR
Veru Rodríguez é “C.O.D.A” (Fillo de pais xordos), nativo da Lingua de Signos Española. Realizador de contidos audiovisuais para TV e Director de contidos de ficción realizados en Lingua de Signos. Destaca un recente recoñecemento a Veru Rodríguez por parte da Academia Galega Audiovisual: “Premio Mestre Mateo a Mellor Realizador, 2018″. Veru compaxina a súa vida e o seu traballo con IDendeaf, un proxecto creado por él mesmo en 2012 que ten como obxectivo producir contidos audiovisuais en Lingua de Signos e formar a persoas xordas no mundo do cine. Entre os seus traballos destacan a creación da primeira webserie en Lingua de Signos Española: Mírame cuando te hablo, e diversas curtametraxes de ficción que recibiron multitude de premios e recoñecementos en distintos festivais de cine nacionais e internacionais.