Cartoons
FICHA TÉCNICA
Dirección e produción executiva: Giselle Llanio Rosabal
Guión: José Penas Prado e Giselle Llanio Rosabal
Dirección de fotografía: Sergio Franco
Directora de Produción: Silvia Carnero
Xefe de Produción: Jose Díaz
Dirección Artística: Nanda Cuiña, Miguel Fernández e Marti
Montaxe: Fernando Alfonsín
Música: Santi Jul e Iván Laxe
Reparto: Daniel Neira Potel , Roberto Moñino, Chisco Casteleiro, Agustín Cerviño, Francisco Casal, Jesús Jara
SINOPSE
Cándido é un neno de 7 anos que se aburre no seu cuarto… ata que se lle ocorre a que xogar.
TEXTO SOBRE A OBRA
Cartoons amosa unha percepción divertida da morte desde o punto de vista dun neno influenciado polos debuxos animados, na que caer e levantarse é o que coñece como “morte” ata que descubre a verdade. A cinta suxire unha reflexión sobre a realidade edulcorada na que educamos aos nenos na sociedade actual, debido a unha mala xestión de temas tabú como a morte.
PREMIOS
- OUFF 2007
- Festival de cinema de Girona 2008
- Festival de cine de Tarazona y el Moncallo 2008
- Filminho 2008
BIOGRAFÍA DA DIRECTORA
Nada en La Habana, ingresa na Facultade de Cine no Instituto Superior de Arte de Cuba. Compaxinou a carrera traballando de realizadora de programas na Televisión Cubana.
Licenciouse na especialidade de Dirección cunha curtametraxe chamada “1993” que reflexaba a desesperanza dos cubanos despois da caída do muro de Berlín, co que obtén o premio de mellor dirección novel pola Unión de Escritores e Autores de Cuba. Emigroou a Galicia, onde dirixiu 7 series emitidas en prime time na TVG. As súas series más destacadas foron “Dalia la modista” e “Pazo de Familia” finalistas por ambas a mellor dirección pola Academia Galega do Audiovisual. Outra das súas series “Libro de Familia” emitida na canle norteamericana V-me, foi galardonada como mellor serie pola Academia Española de Televisión.
En 2020 obtén unha axuda de AGADIC para o desenvolvemento do guión da súa primeira longametraxe de ficción titulada “Vidas Perras”. Actualmente, mentres cursa un máster en Produción Executiva de Cine e TV na Escola de Cine de Madrid (ECAM), dirixe a serie “Dos Vidas” producida por Bambú Producciones, que proximamente será emitida en Televisión Española.