Bata por fóra, muller por dentro

Dirección: Claudia Brenlla
Ano: 2008
Duración: 0:17:50

FICHA TÉCNICA

Dirección e produción: Claudia Brenlla
Fotografía / Edición / Guión: Claudia Brenlla
Auxiliar de edición e son: Beatriz Arosa
Xefa de produción: María Fernández Lago
Axudantes de produción: María Domínguez Serantes e Ariadna González
Reparto: Petra Buchegger, Iria Pinheiro Santos, Christiane Ehrhardt, Patricia Otero Ramos, Susana de Lorenzo, Carla Brenlla, María Elena López Caamaño, Mª Carmen Mancebo Blanco e María Lucía Petit Magalhães Santos


 

SINOPSE

Unha alegre oda á modernidade da tradición, unha viaxe artística aos valores positivos da herdanza feminina. Un tributo ao simbolismo da bata, a prenda de traballo que acompañou ás nosas nais durante décadas.

 


 

SOBRE A OBRA

Había tempo que tiña gañas de realizar un filme libre e ensaístico coa muller coma protagonista e a bata de cadros aportoume o elemento simbólico para poder facelo: batas manchadas de terra, batas sofisticadas, batas que filosofan. Dende os primeiros pasos da realización, coma un fermoso exemplo de sincronía, foron engadíndose pezas/batas “estranxeiras”, evidenciando a necesidade/obviedade dun feminismo internacional.

 


 

FESTIVAIS DE CINEMA

  • Mellor documental. Festival Creativo On&Off de Ribadeo
  • Mellor documental. 5º Certamen de Documental e Vídeo Secuencia Cero
  • Mención especial, programa Galicia. V Festival Internacional Curtocircuito
  • Finalista no III Premio Internacional “Román Gubern” de cine ensaio UAB
  • Selected entry in International “Gold Panda” Awards for Documentary of 2009, 10th Sichuan TV Festival
  • 21 Exground Film Festival. Wiesbaden
  • 2010 Davis Feminist Fim Festival. Davis, CaliforniaParticipou en mostras e comisariados en centros cinematográficos e de arte contemporánea: CGAI, CGAC, MARCO, MUSAC, Laboral de Gijón, La Tabacalera, Cinemateca de Sevilla, Filmoteca Española, Red de Centros Culturales del AECID en Iberoamérica e Guinea Ecuatorial. Emitida no programa Metrópolis de TVE2..

 

BIOGRAFÍA DA DIRECTORA

Nada en Brasil en 1964, de ascendencia galega. Formada en dereito introdúcese no cinema da man do Cineclube vigués Lumiere e da rodaxe de The last Patrol, la colina de la muerte (Cora Peña, 2000). Como integrante do colectivo vigués La Casa Mortimer aprende os distintos oficios en rodaxes de ficción de corte fantástico. Entre 2001 e 2004 realiza dous documentais para a serie de TVE Sound Stones, músicas del mundo gravados nas excolonias portuguesas de Cabo Verde e Santo Tomé e Príncipe. A partir de entón comeza proxectos dunha maior implicación persoal, xerados cun equipo mínimo nos que asume a cámara, guión e edición: O clube dos sem teto (2008) documental que retrata a convivencia de personas do movimento sen teito nun antiguo club deportivo de luxo en Salvador de Bahía; Bata por fóra (Muller por dentro) (2008) audiovisual de “linguaxe arriscada” que continúa a ter proxección internacional en festivais, foros educacionais e centros de arte. Tras un largo período realizando traballos corporativos, en 2016 convídana a participar na película colaborativa Visións (Cinema e Muller) e na III edición do Chanfaina Lab. Froito desas propostas son Ambos mundos (Dilema) e III Videohistorietas, dúas curtas de experimentación que comparten o gusto por mostrar o aspecto traxicómico da cotidianeidade do ser humano. Na actualidade está focalizada nos aspectos sonoros da creación audiovisual namentres traballa na edición dun material grabado ao longo do verán e o inverno de 2006 na illa de Ons.

Galería

Idades:

Todas as idades, 11-14, 15-18

Xénero:

Documental

Valores:

Intelectuais, Afectivos, Creativos ou innovadores, Da diversidade cultural, Individuais e liberadores, Estéticos ou artísticos