Anacos
FICHA TÉCNICA
Produtor Executivo: Xacio Baño
Xefa de produción: Verónica Pan
Axte. Produción: Paula Mariñas
Arte: María Lolo
Aux. Arte: Noelia Vilaboa
Vestiario: María Zaragoza
Maquillaxe: Esther Quintas
Axte. Maquillaxe: Laura Gándara
Son: Jorge M. Pérez
Eléctrico: Dani Viqueira
Eléctrico: Carlocho Montero
Fotografía: Lucía C. Pan
Dirección, guión, edición: Xacio Baño
Interpretación: Mabel Rivera, Fernando Morán, Xosé Barato
SINOPSE
A vida dunha persoa pode ser tan simple e sinxela coma a súa receita de biscoito.
TEXTO SOBRE A OBRA
Obra que busca exprimir o fotograma, atopar unha nova forma de contar unha historia sinxela con todo o potencial do cinema coma linguaxe. É unha evolución da anterior curtametraxe do director, Xacio Baño, na cal xa xogaba coa pantalla partida. Neste caso o fotograma divídese en cinco anacos para atopar novas potencialidades estéticas e narrativas.
PALMARÉS
- The Flaming Faun – up to 10 min – Shnit Film Festival
- Biznaga de Plata – Premio Especial do Xurado – Festival de Málaga
- Mención Especial do Xurado – Las Palmas Film Festival
- Mellor Guión – Curtocircuíto
- Mellor Curta Galega – Fic Bueu
- Mellor Maquillaxe e Perruquería – Fic Bueu
- Premio Igualdade de Oportunidades – XIII Jóvenes Realizadores Ciudad de Castellón
- Primer Premio XIV ABYCINE
- Mellor Son – 42 ALCINE
- Primer Premio XIII Certamen Jóvenes Creadores Salamanca
- Best Screenplay / Mellor Guión – XIII Mostra curtas de Noia
- Best Short Film – 41 FICC Cartagena Int. Film Festival
- Mención Especial do Xurado – IX Zinexín- La Roda
- Mención de Honor – Curt al cap
- «Prix innovation» 19 Festival International de Cinéma Méditerranée – Marruecos
- Best Short Film – sección La otra mirada – 26 Medina del Campo
- Trofeu Millor Curtmetratge amateur Ficcio / Argument – Festimatge
- Special Jury Recognition – 22 Aspen Shortfest EEUU
- Best Short Film – Wimbledon Shorts England
- Jury Special Mention – 8 Shortshorts Mexico
- Best Short Film – New England Ibero American Film Festival – EEUU
- “Menzione speciale della giuria” – Fano FIlm Festival – Italy
BIOGRAFÍA DO DIRECTOR
Xacio Baño é un cineasta galego que basea os seus traballos na captura de realidades para accionalas, e en atopar novos significados e aperturas da linguaxe dentro do espazo do fotograma. As súas obras son seleccionadas nos festivais nacionais e internacionais máis prestixiosos do mundo coma os de Locarno, San Sebastian, Clermont Ferrand, Telluride Film Festival, Mar del Plata, New directors/New Films MoMA, Bafici, Festival de Las Palmas, Viennale, Festival Málaga, Slamdance, Alcine, Busan Int. Shortflm festival, Shnit, Curtocircuito, etc. Neles ten colleitado numerosos premios e galardóns. Foi escollido coma un das dez rising stars do cinema español pola revista Variety.