A nena azul
FICHA TÉCNICA
Guión: Sandra Sánchez
Intérpretes: Carla Díaz, Lucía González, Sergio Zearreta
Música: Nico Casal
Fotografía: Lucía C. Pan
Son: Xavi Souto, Xavi Pato, Diego S. Staub
Produtora: Reira Filmes, Píxel Films, Comunika, Txema Mora
Montaxe: Sandra Sánchez
SINOPSE
Sira, unha nena de 8 anos, filla dun percebeiro furtivo da Costa da Morte, fuxe da escola logo dunha pelexa e refúxiase nunha solitaria praia, na busca de seu pai. Alí ten un misterioso encontro con alguén que parece ser o seu propio espello.
PROXECCIÓNS E PREMIOS
- 11th Galician Film Forum, Londres
- 17th In the Palace Short Film Festival, Bulgaria. Selección Oficial.
- 5th Minikino Film Week, Indonesia. Semifinalista
- 73rd Edinburgh Intl. Film Festival, Focus on Spain
- 10th ONE Country ONE Film, Francia. Selección Oficial.
- XVII Premios Mestre Mateo. Mellor Curtametraxe de Imaxe Real.
- VI Premios Pávez. Festival Nacional de Cortometrajes de Talavera de la Reina. Gañador Mellor Fotografía e Mellor Son.
- I Luisa Villalta Award of Cultural Projects for Equality – Spain – Winner
- 41ª Semana de Cine de Lugo
- 19th Izmir Kisa International Film Festival, Turquía. Selección Oficial.
- 3º Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín. Selección Oficial.
- 16º Festival de Cans. Selección Oficial.
- 8º Primavera do Cine. Selección Oficial.
- 10º FKM Festival de Cinema Fantástico da Coruña
- 15º Curtocircuito. Festival Internacional de Curtametraxes. Mención especial do Xurado Planeta GZ, Premio CREA á Mellor Dirección.
BIOGRAFÍA DA DIRECTORA
Sandra Sánchez ten unha extensa traxectoria como directora e montadora no audiovisual galego. En 2011 estreou Tralas luces, un proxecto moi persoal no que traballou durante catro anos, e que foi estreado na sección Novos Directores do Festival de San Sebastián.