A muller invisible

Dirección: Noemí Chantada
Ano: 2017
Duración: 0:15:00

FICHA TÉCNICA

Dirección: Noemi Chantada
Empresa produtora: Islandia e La Panificadora
Produción: Noemi Chantada
Dirección de Fotografía: Noemi Chantada
Montaxe: Óscar Pardo
Guión: Noemi Chantada
Son: David Machado

 


 

SINOPSE

Vive nun pequeno piso da cidade de Vigo e o seu discorrer non parecería diferente ao de calquera moza da súa idade de non ser pola tristeza que enmarca o seu rostro. Porque ao chegar a tardiña ela muda de pel: cambia a roupa, cambia o nome e cambia todo. E así pode encarar unha noite mais. Só unha noite máis. Só un mes máis. Só un ano máis.

 


 

SOBRE A OBRA

Durante moito tempo, cando volvía a casa á tardiña, pasaba pola zona de prostitución de rúa máis grande da miña cidade, porque os meus pais vivían preto. Alí, xornada tras xornada, había mozas moi novas, case espidas, tristeiras; fixera o frío que fixera e fora a hora da noite que fora. Isto non atopaba relación na miña cabeza co discurso social aprendido, de que o fan porque queren, de que gañan moitos cartos, de que “o que pasa é que non queren fregar escaleiras”. Así que un día decidín preguntar.

 


 

PALMARÉS

  • Curtocircuíto – International Film Festival (Outubro 2017) Mención especial do Xurado AGAG – Asociación Sindical Galega de Guionistas. Premio do Xurado CREA  Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización. Premio do Público.
  • Uppsala International Short Film Festival (Outubro 2017)
  • KIN International Film Festival (Novembro 2017)
  • Festival Contra la Violencia de Género Diputación de Jaén (Novembro 2017). Fora de concurso
  • II Festival de Cine y Derechos Humanos de Madrid, (Decembro 2017)
  • Festival Internacional de Curtas de Verín (Decembrp 2017). Fora de concurso
  • Seleccionado para o catálogo “Shorts from Galicia” de AGADIC
  • Mestre Mateo 2018 na categoría Mellor Curtametraxe de Imaxe Real (Febreiro 2018). Finalista
  • Semana del Audiovisual Contemporaneo de Oviedo SACO (Marzo 2018)
  • Festival Internacional Primavera de Cine de Vigo (Maio 2018). Premio Mellor curtametraxe
  • Festival de Cans 2018 (Maio 2018). Mención especial mellor curtametraxe documental.
  • Premios Pavez de Talavera de la Reina (Xuño 2018)
  • Premios CREA 2018. Xullo 2018. Mellor Curtametraxe documental
  • Fem Tour Truck (Xuño-Outubro 2018)
  • 35 Festival de Cine de Carballiño. 1º Premio Mellor Curtametraxe
  • Figueira Film Art (Agosto-Setembro 2018) Premio á Mellor Realización de Curta Documental
  • FIC Bueu (Setembro 2018)
  • Festival 85C de Vigo (Setembro 2018)
  • ESCIGU (Outubro 2018)
  • Festival Protesta de Vic (Setembro 2018). Premio á mellor curtametraxe
  • Festival Internacional de Cortos Ciudad de Soria (Novembro 2018)

 


 

BIOGRAFÍA DA DIRECTORA

Noemi Chantada (Vigo 1982) é titulada en Imaxe pola EISV e traballa como directora de foto e cámara durante os seguintes 13 anos. En 2016 funda a produtora Islandia, co seu socio, Oscar Pardo para poder desenrrolar outro tipo de proxectos mais persoais, que arrancan con esta curta documental, a súa ópera prima: La mujer invisible (2017)

Idades:

11-14, 15-18

Xénero:

Documental

Valores:

Intelectuais, Afectivos, Volitivos, Operativos, Proxectivos, Da diversidade cultural, Territoriais, glocais e espaciais, Individuais e liberadores, Estéticos ou artísticos, Ecolóxicos e da sustentabilidade, Morais