A flor máis grande do mundo

Dirección: Juan Pablo Etcheverry
Ano: 2007
Duración: 10 min.

FICHA TÉCNICA

Produtora Executiva: Chelo Loureiro
Guionista: Juan Pablo Etcheverry, baseado no conto “A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO” de José Saramago
Compositor: Emilio Aragón
Música interpretada por: Orquesta Sinfónica de Tenerife
Ilustracións: Diego Mallo
Directora de Produción: Ana Fernández
Directores artísticos: Juan Pablo Etcheverry e Diego Mallo
Estudios Animación: Continental Animación
Estudio Son: Estudio Control Zeta, Sound Garden e Tritó
Técnica: Stop Motion, 2D e 3D


 

SINOPSE

A flor máis grande do mundo é un texto de rara beleza, colmado de símbolos e de enigmas, destinado a unha infancia que crece nun mundo quebrado polo individualismo, a desesperanza, a violencia e a falta de ideais. Nel hai dúas mensaxes, unha para os nenos (o descubrimento, a valentía, o altruísmo) e outra para todos os homes e mulleres que se interrogan sobre o seu lugar no mundo. Saramago desprega a súa hábil man de narrador e conforma a alegoría de un hipotético comezo de Outro Mundo. O neno da historia converterase en actor na tarefa de salvar unha flor que morre por falta de auga e el será o destinado a salvala. Como nun conto de fadas, é un heroe que se aloxa do seu lugar, abandona a súa casa, a súa aldea e atravesa paisaxes descoñecidos, nun principio nutridos de unha impáctante natureza viva e de improviso, o deserto. Como é un heroe, nada o detén, e cando sube a ladeira da montaña empinada, verá a flor, morrendo. Non hai vacilación no personaxe nin solicita axuda, busca recursos por sí mesmo para cumprir a súa misión. A estrutura da narración organizase a partir de recursos propios da tradición popular: a chamada do heroe, o cumprimento da tarefa e o regreso triunfal co logro obtido.

 


 

TEXTO SOBRE A OBRA

E se as historias para nenos foran lectura obrigada para os adultos?

Seríamos realmente capaces de aprender o que, desde hai tanto tempo, vimos ensinando? A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO é un belo relato para nenos… e para adultos, escrito por José Saramago.

Un conto de rara beleza, colmado de símbolos e enigmas, destinado a unha infancia que crece nun mundo onde a ambición parece suplir a falta de ideais. E tamén para os homes e mulleres que parecen ter esquecido o valor das cousas sinxelas e o respecto polo medio ambiente.


 

PALMARÉS

  • Nomeada ao Premio Goya a Mellor Curta Animación 2008
  • Premio Mestre Mateo a Mellor Curta Animación 2008
  • Seleccionada a competición en numerosos festivais internacionais.

 


 

BIOGRAFÍA DO DIRECTOR

Juan Pablo Etcheverry é un dos talentos máis prometedores do audiovisual español. Formado internacionalmente en Belas Artes, dende o inicio da súa carreira estivo vinculado ao debuxo de cómic e a animación. Na súa traxectoria como cortometraxista acumula éxitos hasta obter co seu último traballo, Minotauromaquia, Pablo en el Laberinto, máis de 50 premios internacionais. Con A flor máis grande do mundo da un paso máis na súa consagración como un dos valores máis importantes da animación en España.

Galería

Idades:

Todas as idades

Xénero:

Animación

Valores:

Intelectuais, Afectivos, Volitivos

Guías de intervención pedagóxica

Guía de intervención pedagóxica "A flor máis grande do mundo"Descargar