Hoxe engadimos ao catálogo a curtametraxe A nena que tiña unha soa orella, dirixida por Álvaro León e producida polo noso asociado Rubén Coca. Está protagonizado por Allegra, unha nena de 5 anos, que irá aprendendo a aceptar de forma natural as diferenzas. É unha adaptación do conto infantil La fanstástica niña pequeña y la cigueña pedigueña escrito por Lucía Etxebarría.

Trátase nun traballo de animación no que se empregan teas, plastilina, cartolinas, feltro e coiro, texturas e sombras chinescas para contar unha historia na que as voces son substituídas pola música. Ao inicio da obra pensamos que todos os nenos teñen dous ollos, un nariz, unha boca, dúas orellas, dez dedos… ou se cadra non? Acompañaremos a Allegra na descuberta de que hai nenos e nenas de todo tipo.